Informa: Concello do Rosal.
O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2017, o domingo 26 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal.
O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba. A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 14:00 horas do martes, 21 de febreiro de 2017.
Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:
Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.
Maiores de idade: fotocopia do DNI.
Menores de idade: fotocopia do DNI do representante e autorización única da persoa que represente á totalidade dos menores que participen (detallando o nome e apelidos de todos eles).
Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante.
Bases do Concurso.
Instancia Entroido.