
Pandereteiras Tremelique*, “un grupo de seis mozas que cantamos e tocamos música tradicional co fin de seguir transmitindo parte das nosas raíces culturais”, actuará o vindeiro domingo 1 de maio en O Rosal con motivo da Festa de Novás, como cada ano, na honra de San Xosé Obreiro.
O domingo 15 de maio, tal e como anuncian dende as súas redes sociais, ofrecerán un concerto na Festa da Sementeira (Salvaterra de Miño).
*Pandereteiras Tremelique está formado por Elena Dorado, Tania Rodríguez, Miriam Diego, Lorena Villa, Rebeca Rodríguez e Berta Castro.