????????????????????????????????????

Concerto na igrexa de Santa Mariña do Rosal

Concerto Agrupación Musical do Rosal2

Informa: Agrupación Musical do Rosal  

A Agrupación Musical do Rosal ofrecerá este sábado 23 de xullo ás 21:00 horas, na igrexa parroquial de Santa Mariña, un concerto baixo o título Sax/Utopía Antiqua II e que estará a cargo da Aula e Sección de Saxofóns da Agrupación, co mestre Javier Comesaña Davila e a dirección de José Javier Bascoy.

Esta idea xorde por mor da inquietude persoal do mestre Javier Comesaña de facer música antiga. Como entre deixa ver o título desta “performance”, unha utopía, un soño, unha viaxe a través do tempo. Nesta viaxe a pretensión é mesturar novas técnicas e o saxofón ca música antiga, así como facer que o público goce dunha experiencia diferente e que se deixe levar polo entorno e a música.

Escolleuse facer na igrexa parroquial de Santa Mariña pola súa acústica. Así mesmo, contamos cos alumnos de saxofón da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, co fin de que vivan unha experiencia real de formar parte activa dun concerto dende un principio ata o fin.

As obras a interpretar están enmarcadas en diferentes periodos da historia da música, nas cales encontraremos música do Medievo, do Renacemento e do Barroco. Cabe sinalar que entre peza e peza haberá uns pequenos interludios de música electroacústica orixinal con base a pezas do Medievo e Renacemento, os cales servirán de banda sonora para cambiar de localización na escena.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies