✍️📸 Agrupación Musical do Rosal.
A nova data para o concerto de Nastasia Zürcher será este vindeiro sábado 19 de marzo ás 20:00 h. no Auditorio Municipal do Rosal.
O acto, organizado pola nosa agrupación con motivo do Día Internacional da Muller, enmárcase dentro do programa Fiando Redes da Deputación de Pontevedra.
Trátase da acción cultural-concerto 🌺”de Flor a Flores”🌺 a cargo de Nastasia Zürcher, vocalista e compositora galego-suiza (Premio Martín Codax da Música 2016 categoría Blues, Funk & Soul) que nos propón un percorrido polas diferentes fase do florecemento vital das mulleres.
A través da súa música, combinando canto con fala, música con poesía, Nastasia percorre cas súas composicións o sendeiro da flor florecida, invitando a todas as mulleres presentes a unir as súas voces para cantar xuntas dende o seu goce e liberdade, dende a súa soberanía, a súa alegría, o seu espertar e o seu camiñar. “De Flor a Flores” é un espazo de mulleres unidas e conectadas a través da música e das súas voces.