Concerto de Roi Casal este verán en O Rosal

Roi Casal

O músico, compositor e cantante galego Roi Casal presentará en O Rosal a súa xira “Donos do noso destino”. A cita, o domingo 24 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Calvario, con motivo das Festas do Pilar.

Segundo podemos ler na súa webFormou parte de Milladoiro, a banda máis internacional da música galega, entre os anos 2000 e 2009. Comeza a súa carreira en solitario en 2008 coa publicación de Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, convértese rapidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.

En 2011 publica Maxicamente vello, no que novamente realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido en La Habana en 2014, o prestixioso galardón concedido na illa caribeña que o ano anterior recibira Paco de Lucía.

Roi Casal Neira Vilas
Roi Casal actuando en La Habana. (Fotos: web Roi Casal)

En 2014 publica Donos do noso destino, co que emprende unha xira internacional en Suiza, Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.

Tamén en 2014, varios temas da discografía de Roi Casal son seleccionados como banda sonora das exitosas series de TVG “Caseiros” e “Pazo de Familia”.

En 2016 publica Son galego, Son cubano, un traballo feito conxuntamente con Xosé Neira Vilas no que participan artistas destacados artistas de Galicia e Cuba como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Nando Casal. A xira Son galego, Son cubano comexou con dous grandes concertos no Gran Teatro da Habana no mes de maio de 2016, e continúa hoxe en día en diversos lugares do mundo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies