Sáb. Ago 13th, 2022
O sábado 26 de decembro se celebrou na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal un Concerto de Nadal con motivo da presentación oficial do Coro Ecos do Folón, de Fornelos, que estivo apadriñado pola Coral Polifónica de Atios e a Coral Polifónica de A Cañiza.

Lembramos que “Ecos do Folón” naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación de Veciños e Socio-Cultural “Río Folón” de Fornelos. Comezou con 17 compoñentes, sendo na actualidade 31 voces mixtas. Jorge Fernández González, natural de Tomiño e afincado na Guarda, é o seu director e fundador.
A Coral Polifónica de Atios actuou por vez primeira no ano 1998. Ten participado en multitude de festivais de corais, conseguindo o terceiro premio no Festival de Habaneras do Baixo Miño e o segundo lugar no de Caixanova. Pertence á asociación cultural “Os Penediños” e é membro de FECOGA. Na actualidade conta con 30 membros dirixidos por Xosé Luís Reza Cabano.

A Coral Polifónica de A Cañiza fundouse en 1994, integrándoa hoxe en día tamén 30 voces mixtas. Interviu entre outros programas en “Desde Galicia para el Mundo” de TVE ou en “Galicia Enteira”, da TVG. Participa activamente en encontros de corais e acontecementos festivos e relixiosos. Esta coral está dirixida igualmente por Jorge Fernández González, compaxinándoa coa batuta da recente Ecos do Folón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies