Concerto de Andrea Pousa, en directo, dende a súa casa

 

A cantante melódica-lírica e actriz, Andrea Pousa, veciña do concello de Tomiño, vén de anunciar nas redes sociais que hoxe, domingo 22 de marzo, ás 18:00 horas, ofrecerá un concerto en directo por Instagram e Facebook.

Andrea, que actuou recentemente na nosa vila no Concerto de Nadal organizado pola Agrupación Musical do Rosal, realizou este xoves unha actuación “No salón da miña casa”.

Debido ao confinamento que todos estamos a padecer, afirmaba que “únome a este bonito feito de compartir música en directo dende a casiña. Emocióname moito que nestes tempos difíciles poidamos axudarnos e darnos forza, aportando entre todos e todas ese raio de luz e de que todo vai sair ben!

A artista tomiñesa seguirá hoxe, pois, cun novo concertocon esta bonita iniciativa, para levalo todo do mellor xeito posible“.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies