Concerto de Alisis (Sira e Hugo) en O Rosal

✍📸 Agrupación Musical do Rosal

O Auditorio do Rosal acollerá este domingo 7 de xullo, ás 20:30 horas, un concerto a cargo a cargo do dúo de saxofóns “Alisis Saxophone Duet“.

Alisis Saxophone Duet está formado por Sira Pellicer (Valencia) e Hugo Lomba (Tomiño, Pontevedra), ambos estudantes na Aula de Saxofón do Conservatori Superior de les Illes Balears.

Compañeiros de curso e vida, forman este conxunto o pasado setembro dentro da materia de música e cámara na que, baixo a tutela de Beatriz Tirado, traballan un repertorio diverso para esta formación de saxofóns.

Aínda que son un dúo xove, lograron clasificarse recentemente para a final do Concurso de Música de Cámara “ArtJove”, que terá lugar o próximo setembro en Menorca.

Para nós será un concerto especial xa que Hugo Lomba, compoñente da nosa banda de música, formouse dentro da nosa escola e é un dos músicos que temos nestes momentos cursando estudios superiores fóra da nosa provincia ou comunidade.

No concerto do vindeiro domingo presentarán un repertorio para dúo de saxofóns do máis variado, con obras de Rossé, Hersant, Hindemith, Decruck e Mellits.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.