Concerto do cuarteto ‘CatroCores’ en O Rosal

Segundo comunica a Agrupación Musical do Rosal nas redes sociais, este sábado 17 de xuño terá lugar no Auditorio da vila o concerto “A senda do vento”, con música de cámara do recén creado cuarteto de trompas CatroCores.

Destacar que esta nova formación, que conta coa nosa veciña Ana Vergara, trompista da Agrupación Musical do Rosal nas súas filas “surge de la necesidad de pasarlo bien, disfrutar y acercar al público ese instrumento tan maravilloso que es la trompa”. 

CatroCores é un cuarteto formado por trompistas galegas que tras levar experimentado durante anos o que é tocar xuntas no seo da orquestra sinfónica, decidiron no ano 2016 extrapolar esa boa conexión sonora no terreo da música de cámara co fin de achegar a música para este tipo de agrupación a todo tipo de público.

O grupo está formado por Alma Sarasola Pontón, Aida Lozano Beceiro, Mónica García Bereijo e a citada Ana Vergara Pérez.

O seu obxectivo é dar a coñecer ao público distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este conxunto instrumental tan pouco común ao tempo que experimentan e xogan co abanico de cores sonoras que un instrumento como a trompa lles ofrece.

O resultado é un programa cun repertorio cheo de sorpresas. Sigue unha liña temporal en relación a época na que foron compostas as obras, máis é moi ecléctico. Vai dende a “elegancia barroca” de Telemann ata o clasicismo romántico de Dauprat para na segunda parte abarcar o final do século XVIII e comezos do XIX co compositor alemán Bernhard Weber cunha música máis rítmica e máis próxima á música do S.XX.

Continuará o concerto xa no século XX con música con tintes nacionalistas, da man do compositor ruso Nikolai Tcherepnin e as súas melodías do mundo. Pechará o programa con música na liña do jazz, nunha escolla dos números máis distintivos das Fripperies de Lowell Shaw.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.