Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica do concertazo de “Os Broders” no Bar A Competencia do pasado 5 de marzo, realizada pola nosa colaboradora Alejandra Alonso para Noticias O Rosal.
Dende aquí, noraboa ao grupo e, como non, ao artífice deste evento musical, o xerente do local rosaleiro, José Enrique Rodríguez Vicente.
Cun público entregado, “Os Broders” ofreceron un fantástico repertorio con míticas cancións de Andrés Calamaro, Joaquín Sabina, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito & Fitipaldis, Deep Purple ou mesmo a Creedence Clearwater Revival.