COMUNICADO DOS TRABALLADORES/AS DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI

Informa: Traballadores San Xerome
Publicamos íntegra, pois, a nota de prensa-comunicado remitida á nosa Redacción por un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do Centro San Xerome Emiliani da Guarda, que manifestan libremente o seguinte:
“1. A nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/súas
representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo
que atravesa a Asociación. Declaramos que os
comunicados informativos que a CIG fai “en
nome d@s traballador@s do Centro San Xerome
” non representan en ningún caso
a nosa opinión.
2. Que nunca sentimos nin fomos testemuñas de
represión sindical hacia ningún/ningunha compañeir@.
Traballamos nun
ambiente cordial, respectuoso e profesional, centrado na misión da Asociación
para cos seus/as súas  usuari@s, e que as
declaracións públicas da CIG afirmando que estamos “amedrentad@s” fronte a unha
xerencia hostil e opresora son afirmacións falsas, ridículas e ofensivas que
entendemos que atenden exclusivamente a unha campaña demagóxica de desprestixo, que persegue confundir e
sementa-la dúbida en usuari@s-familias, traballador@s, soci@s, colaborador@s-voluntari@s
e na sociedade en xeral.
3. Denunciamos a máis absoluta pasividade por
parte d@s nos@s representantes sindicais fronte as nosas demandas como
traballador@s
, e que veñen demostrando unha clara actitude negativa e
intransixente cando se trata de chegar a acordos importantes dos que depende a
sostenibilidade deste Proxecto Social co que nos sentimos implicad@s de maneira
sincera e ilusionante.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies