Comezan as obras no mercado (Praza de Abastos) do Rosal

Informa: Concello do Rosal // Fotografía: Arquivo Noticias O Rosal

Segundo se vén de comunicar dende o Concello do Rosal “comezan as obras de reforma íntegra do mercado” da vila.

Esta primeira fase, cun custo de máis de 207.000 € -lémbrase- arranca o martes 12 de xaneiro e ten previsto estar rematada en menos de tres meses“.

Os praceiros e praceiras abriron xa os seus postos no mercado provisional habilitado na Escola Simón del Mazo (na imaxe), acondicionada polo Concello para poder dar o servizo.

“O Concello do Rosal -sinálase dende o ente municipal- iniciará este martes 12 de xaneiro a primeira fase das obras do seu mercado, unha reforma íntegra da praza de abastos para convertela nun espazo vivo no que fomentar a compra de produto local de proximidade, promover actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo e dinamizar o núcleo urbano económica e socialmente”.

Son os primeiros pasos para que o mercado sexa un polo de atracción non soamente para a veciñanza, senón tamén para o comercio local e mesmo para novas persoas emprendedoras que ven na praza de abastos unha oportunidade”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Os traballos de reforma do edificio terán un prazo de execución de menos de tres meses e un custo de máis de 207.000 euros que irán a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dunha subvención de Agader e de financiamento propio do Concello.

Para seguir ofrecendo o servizo á veciñanza e que os praceiros e praceiras poidan ter abertos os seus postos nun espazo alternativo mentres dure a reforma do mercado, o Concello remodelou e acondicionou a Escola Simón del Mazo para adaptalo á nova actividade. Así, dende este mesmo luns 11 de xaneiro os praceiros e praceiras xa abriron os seus postos ao público neste edificio que funcionará como mercado provisional.

Máis información na web do Concello do Rosal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies