O Club Ciclista O Rosal comeza 2017 “on fire”

En primeiro término, María Correa, na presentación do Club. (Foto: Noticias O Rosal)

Despois da presentación da plantilla e directiva para a tempada 2017 o pasado mes de marzo, o Club Ciclista O Rosal xa se atopa en plena competición.

A finais de abril daba comezo o calendario galego coa disputa do Trofeo Concello de Carballo, en A Coruña. Aquí, vitoria para o promesa Roi Álvarez e para a júnior María Correa.

Así mesmo, no XL Trofeo Vila do Louro en Porriño, os integrantes do Club Ciclista O Rosal conseguiron tres novos podiums, en promesas (Roi Álvarez 2º e Lucas Álvarez 3º) e en alevín (co “gran debut de Iker Rodríguez, que na súa primeira carreira na categoría acadaba o 2º posto”).

Un exultante Pablo Rodríguez foi o vencedor en Boiro. (Foto: Alberto Rodríguez /CC. O Rosal)

Xa esta fin de semana, disputábase o XXX Trofeo Promoción de Ciclismo en Boiro (A Coruña), con dous podiums máis: Pablo Rodríguez vencía en principiantes e Irene Rodríguez colleitaba a terceira praza en féminas.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moitos éxitos ao club que preside o infatigable e incombustible Gerardo Álvarez Martínez!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.