Churrascada para celebrar o 1º “San Quesitín”

Este sábado 6 de maio, para celebrar o seu 1º Aniversario, o Bar do Quesy (Sandián-O Rosal) organizará unha churrascada popular “por tan só 4 euros” a partir das 20:00 horas.

Segundo o seu xerente, o rosaleiro José Ángel Fernández “quen queira comer churrasco pode apuntarse ata o mediodía do venres 5 de maio, achegándose ata o local ou chamándonos ao teléfono 986 62 52 83”.

Este “San Quesitín” contará coa actuación de José Costas e o Trío Bahía, “con comida, bebida, música e boa compañía para celebrar que grazas a vós levamos un aniño abertos. Desexamos veros e pasar un día de festa inesquecible”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.