Dom. Jul 3rd, 2022

Christian, de camiseta vermella, pousa cos demais becados. (Foto: GAES)

Onte recibíamos na nosa Redacción unha mensaxe do rosaleiro Christian Silva Giráldez confirmándonos a concesión en Barcelona da beca GAES e a súa participación na Titan Desert 2018.

Lembramos que Christian buscaba cumprir o seu soño, disputar a mencionada Titan Desert 2018, unha carreira en bicicleta de máis de 600 km polo deserto de Marrocos, que terá lugar entre o 29 de abril e o 4 de maio deste ano.

A competición conta coa presenza de grandes corredores da altura de Óscar Pereiro, Laurent Jalabert, Claudio Chiappucci, Roberto Heras, Abraham Olano ou Melchor Mauri.

O proxecto do noso intrépido veciño e Javier Rondón foi un dos 12 finalistas… ¡de 190 candidaturas! Segundo podemos ler en GAES: “Christian perdió su brazo en un accidente laboral y desde entonces ha ido superando todos los retos que se ha planteado. Ahora, junto a su amigo Javier Rondón, quiere cumplir el sueño de participar en la Titan Desert 2018 y fomentar así el BTT en personas amputadas de algún miembro superior“.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Christian e a disfrutar ao máximo desta experiencia e aventura. A por todas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies