Chegan as Festas de San Xosé Obreiro (Novás)

Festas de San José en Novás (11)
Fotos da Festa de San Xosé 2013. (Arquivo Noticias O Rosal)

As tradicionais Festas de San Xosé Obreiro celebraranse en Novás (O Rosal) o sábado 30 de abril e o domingo 1 de maio de 2016. Este é o seu programa de festexos:

SÁBADO 30 DE ABRIL

Gran Verbena a cargo dos grupos AZAR e D’MODA que se prolongará ata altas horas da madrugada. O recinto de festas estará cuberto por unha gran carpa.

DOMINGO 1 DE MAIO

Ás 11:30 da mañá, acompañado do grupo de gaitas A BOALLEIRA de A Gándara, baixada do Santo en procesión ata a Praza, onde se celebrará ás 12:00 horas, unha misa de campaña na honra de San Xosé cantada pola coral ECOS DO FOLÓN.

Festas de San José en Novás (1)
Grupo A Boalleira durante a súa actuación en 2013

A partir das 18:00 horas, actuación do grupo de percusión ODAIKO. A continuación, subasta de produtos típicos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies