Chega a XIV edición do Festival SonRías Baixas

SonRías Baixas 2016

Noticias O Rosal estará os días 5 e 6 de agosto en Bueu, no Festival SonRías Baixas, “un festival de festivaleiros para festivaleiros”, cun cartel espectacular, ata onde nos consta se achegarán multitude de rosaleiros/as e xuventude do Baixo Miño (este xoves 4, a “Festa de Benvida” -gratuíta- con Gato López).

Segundo se pode ler na súa web, “O Festival SonRías Baixas é un proxecto da Asociación Troula na Banda que foi madurando ata chegar a esta XIV edición grazas ao entusiasmo dos moitos festivaleiros que nos visitan ano tras ano.

A música, cómo non, é a gran protagonista do SonRías. O Festival ofrece unha programación fresca e orixinal que combina artistas consagrados con formacións nas que detectamos capacidade de progresar, e encántanos polos en contacto con todos vós.

Pero o SonRías é só un Festival de música? Pois non. Nós, como festivaleiros, ideamos unha verdadeira experiencia que combina música, praia, lecer e gastronomía, nun contorno urbano, cómodo e accesible”.

O SonRías Baixas 2016 contará coa actuación de artistas que “xa son historia viva do Festival”, como Boikot, Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus ou La Gran Pegatina, ademais de La Vela Puerca ou Lendakaris Muertos. A organización tamén destaca para completar a mistura “marca da casa” a participación de bandas cun “presente e futuro moi prometedor” como Chotokoeu, Gold & Colt, Vendetta, Poetarras, La Sra. Tomasa e The Skarnivals.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies