Chega a O Rosal a comedia “A Gata con Zocos”

Informa: Agrupación Musical do Rosal

A comedia musical “A Gata con Zocos” recalará no Rosal o vindeiro domingo día 16 de decembro. A cita será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

Esta novidosa proposta escénica que conxuga música, teatro e monicreques sobre o escenario foi posta en marcha pola compañía de teatro “A Cova das Letras”, e dende a súa exitosa estrea, fai agora un ano, leva percorrido moitos puntos da xeografía galega. Cristina Collazo, actriz e directora da obra e os títeres de Anxo García estarán acompañados pola banda da Agrupación Musical do Rosal, que interpretará a composición musical de Manuel Paino para esta peza, unha adaptación do clásico O gato con botas.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse de maneira anticipada na oficina da Agrupación Musical do Rosal (Auditorio do Rosal – Porta Lateral).

Animamos aos veciños e veciñas a achegarse ata O Rosal o vindeiro domingo 16 de decembro para disfrutar con este espectáculo para toda a familia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies