Mar. Nov 29th, 2022

Onte, mércores 5 de outubro, entrevistamos nas nosas instalacións de NOTICIAS O ROSAL en Librería & Editorial Tamuxe ao deportista Carlos López Pereira (Charly ‘Spartan’ López), que o vindeiro sábado 15 de outubro disputará en Porriño (Pontevedra) a súa terceira pelexa como boxeador profesional.

Lembramos que Charly (Goián, 22-4-1988) comezou a practicar deportes de contacto en 2006 e que debutou en competición en 2009, na modalidade Full Contact. Anos despois ten practicado tamén Kick Boxing, K1, Thai Boxing, Muay Thai, Wushu Sanda e, como non, Boxeo.

Non en van, o noso veciño pode presumir dun extenso e exitoso currículum deportivo:

🥇🥇 Campión Galego de Full Contact en 2009 e 2010.

🥈 Medalla de prata no Campionato Nacional de Kick Boxing en 2011 e 2015.

🥇🥇 Campión Galego de Kick Boxing en 2012 e 2018.

🥇 Campión do Torneo Internacional Marina d’Or de Kick Boxing en K1 en 2015.

🥇🥇🥇 Campión Galego de Boxeo, de forma consecutiva, os tres últimos anos (2017, 2018 e 2019)

🥉 Medalla de bronce no Campionato Nacional de Boxeo (2019).

🥈 Subcampión do Torneo Internacional Odivelas Box Cup en 2019.

-Que tal Charly. Moitas grazas por concedernos esta pequena entrevista. En pouco menos de 10 días, o 15 de outubro, pelexas en Porriño. É o teu terceiro combate profesional en boxeo, non?

Certo. De momento teño disputado dous combates, con dúas vitorias. A primeira, o meu debut profesional foi en 2020 en A Coruña, contra Nelson Altamirano, nicaragüense afincado en Vigo e a segunda contra Franklin Varela, venezolano residente en Valencia. Desta vez, o meu rival vén do país veciño, Portugal. E fareino este sábado 15 no Porriño, na velada onde José Gregorio Suero Martínez “Sombra Martínez” é cabeza de cartel.

-Ademais, segundo podemos ler nas redes sociais vés de firmar recentemente con Planasbox.

Pois si. Planasbox vai a ser a miña promotora -de A Coruña- e estarei a cargo de Chano Planas, que será o meu adestrador e mánager.

-Charly, vémoste a tope adestrando tamén aos teus alumnos. Cantos tes e que artes marciais lles ensinas? Hai entre eles, algúns moi noviñ@s, non?

Aínda que agora mesmo estamos máis centrados na modalidade de boxeo, a verdade, todas nas que teño practicado e competido. Ata 16 anos teño uns 30 alumn@s, grazas ao programa Plan Corresponsables (financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia) no que se subvenciona a actividade deportiva durante 6 meses (gratuíta). Logo, a partir de 17 anos, teño uns 50 alumnos e alumnas. Todas as clases impártoas no pavillón municipal de Goián. O Concello de Tomiño cédenos unha pequena instalación dentro do mesmo.

-Logo da velada de Porriño tes algo en mente? Cales son os teus obxectivos a curto prazo, algún cinturón ao que aspires?
O sábado 22 de outubro, á semana seguinte de Porriño, vou a pelexar a Barcelona. Entre os meus obxectivos máis inmediatos está o entrar no ranking para ser aspirante ao Campionato de España. A miña ilusión sería disputalo. Conquistalo sería… tocar a gloria.

-Este ano 2022 tiveches diferentes patrocinadores da zona e ata algún de O Rosal. 

Efectivamente. Quero agradecer a todos os meus patrocinadores desta tempada 2022, que son: Clínica Dental López Sousa (Tomiño e A Guarda), Zona de Obra (O Rosal), Peluquería y Estética Aiko (Tomiño), Puertas Automáticas del Valle Miñor C.B., Cafetería A Riña (Oia), Skape 30 (O Rosal), Spartan Team, Mecasoft (Tomiño), Carnicería Leomar (Marín), Clínica Senlleira (Tomiño) e, como non, ao propio Concello de Tomiño.

-Xa para finalizar, Charly, quen desexe asistir á velada do día 15 en Porriño ou mesmo patrocinarte, que ten que facer?

Se alguén quere disfrutar dos combates do sábado día 15, pode poñerse en contacto directamente comigo. En canto á captación de patrocinadores sería xa para a seguinte tempada, en xaneiro de 2023. As formas de contacto serían a través do meu teléfono 687 299 477 ou ben polas redes sociais. Moitas grazas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies