Cerqueira e Dacosta a “asaltar” a casa de Díaz

dani-cerqueira-xavi-diaz-paulo-dacosta-o-rosal-web

Dani Cerqueira, Xavi Diaz e Paulo Dacosta. (Foto: Ismael Pacheco / Noticias O Rosal)

Partido importantísimo para os intereses do Recoletas Atlético Valladolid e o Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, rivais directos pola permanencia na ASOBAL, que se enfrontan mañá sábado 12 de novembro (20:30 horas) no pavillón Huerta del Rey, nun choque correspondente á 10ª xornada de liga.

Pola parte local, a vallisoletana, lembramos que estará defendendo a portería o cancerbeiro de Fornelos, Xavi Díaz. Pola parte visitante, a canguesa, outros dous rosaleiros, o pivote Dani Cerqueira e o extremo esquerdo Paulo Dacosta.

Segundo podemos ler na web do Valladolid: “es un encuentro vital para ambos”, destacando o seu adestrador, Nacho González que haberá que vixiar de preto a David García, Alen Muratovic e ao propio Dani Cerqueira, que leva 32 goles esta tempada.

O técnico do Frigoríficos Morrazo, Víctor García Pillo afirma que “en un partido siempre hay muchas claves, pero una de las más importantes será que ellos no puedan correr. Eso es fundamental. Luego también habrá que ser compactos en defensa, jugar con mucha claridad en ataque y evitar que su central Diego Camino marque el ritmo de juego”. Crónica completa, aquí.

¡Dende Noticias O Rosal moita sorte a Dani, Paulo e Xavi!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.