Carreira e andaina ’10k O Rosal Feira do Viño’

 

 A carreira popular celebrará a súa cuarta edición o domingo 16 de xullo, coincidindo coas bodas de prata da Feira do Viño. Un día antes se disputarán as probas infantís. 

 Os corredores pasarán por algunhas das adegas do municipio como Aldea de Abaixo, Lagar de Cervera e Quinta de Couselo.

 Ademais, o sábado 15 de xullo, actuará o monologuista Pepo Suevos no Auditorio Municipal.

Informa: Qualité Sport.

Tras o éxito colleitado en anos anteriores, a carreira 10K O ROSAL celebrará a súa cuarta edición o domingo 16 de xullo. Coincidindo coa Feira do Viño do Rosal, runners de toda Galicia volverán a darse cita na localidade pontevedresa para completar un percorrido de 10 quilómetros, que partirá da Praza do Calvario e pasará por algunhas adegas do municipio como Aldea de Abaixo, Lagar de Cervera e Quinta de Couselo. Un día antes, o sábado 15, se disputarán as carreiras infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos, cuxa inscrición será gratuíta.

Ademais, como cada ano, paralelamente á carreira tamén se levará a cabo a ANDAINA POPULAR na que os participantes descubrirán os mellores recunchos de O Rosal da man de Juan Ramón Martínez. O historiador e guía rosaleiro lles acompañará e ilustrará ao longo dun traxecto que transcurrirá por zonas do río Tamuxe, como A Pesqueira e Fornelos ou mesmo a flamante nova área de recepción dos Muíños do Folón e Picón. (Aquí, no Muíño das Laxes, se realizará unha demostración de moenda en directo, onde se poderá disfrutar da tradicional conversión do millo en fariña).

As inscricións para a carreira ou a andaina se poden realizar dende hoxe ata o 12 de xullo a través da web do evento www.10korosal.com ou www.championchipnorte.com e, de forma presencial, no Ximnasio Excálibur de O Rosal. Ademais, ata o vinceiro domingo, os participantes poderán beneficiarse da promoción de apertura, cun prezo reducido de 7€ para a carreira e un prezo único de 4€ para a andaina. Haberá obsequios e sorpresas para todos os participantes, tanto da carreira como da andaina.

Por outro lado, a organización da proba tamén programou para o sábado 15 de xullo ás 20:00 horas, a actuación de Pepo Suevos. O actor e humorista lembrará, a través dos seus monólogos, as fazañas deportivas dos deportistas rosaleiros. O espectáculo terá lugar no Auditorio Municipal e a entrada terá un prezo de 8 euros en venta anticipada e 10 en taquilla.

A 10k O Rosal Feira do Viño está organizada por Qualité Sport coa colaboración do Concello do Rosal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.