O Campión de España de Futbolín, en O Rosal

Guille Somoza futbolín campeón de España Bar do Quesy O Rosal (3)
Guille Somoza, onte en O Rosal, con José Ángel Fernández “Quesy”. (Fotos: Noticias O Rosal)

O Bar do Quesy (O Rosal) acollerá este venres 8 de xullo, a partir das 22:30 horas, unha exclusiva exhibición de Guille Somoza Pazos, Campión de España de Futbolín, do Máster Nacional de Rábade, Campión da Liga Nacional de Futbolín e Campión Galego, entre outros títulos.

Guille campión España futbolín

Tal e como se pode ler na web dos novos Futbolines Fisterra, “sus exhibiciones no dejan impasible a nadie, incluidos los mejores jugadores nacionales que caen rendidos a su juego rápido, efectivo y a su simpático carácter”.

Guille Somoza futbolín campeón de España Bar do Quesy O Rosal (2)
Guille-Quesy VS Diego-Luis (campións, entre outros, do Torneo “Cabaqueiros”)

Guille Somoza, xogador patrocinado pola CNF (Competición Nacional de Futbolín) en declaracións onte a NOTICIAS O ROSAL, sinala que “esta exhibición é para aprender a xogar ben e botar unhas boas partidas no Bar do Quesy. Ademais quen queira enfrontarse a min, se me gaña unha partida convídoo a unha consumición, se me gaña dúas doulle unha invitación para un campionato nacional e se me gaña tres partidas, lévase 50 €”.

Guille Somoza futbolín campeón de España Bar do Quesy O Rosal (1)
Guille explicando posicións e xogadas eficaces do futbolín

Tal é a calidade do Campión de España, con infinidade de exhibicións por todo o territorio nacional e aínda por Europa, que reta a xogar de forma individual ou dous xogadores contra el, coas regras que estes poñan. A verdade, e damos fe, velo xogar é un auténtico espectáculo.

Se queres comprobalo, o dito, este venres no Bar do Quesy.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies