Lun. Oct 25th, 2021
O rosaleiro Brais Otero González naceu un 4 de marzo de 1992. Dende pequeno, alá polos 6 anos, xa se adestraba no colexio Manuel Suárez Marquier “ás ordes” do incombustible mestre de Educación Física, Félix Piñel Alonso. A piques de cumprir a maioría de idade, Brais -que é lanzador de disco e martelo aínda que o que máis lanza habitualmente é o peso- milita no Club do Marquier e conta xa no seu currículo con varios títulos de importancia. É innegable que os últimos anos reina nas categorías de lanzamento: foi por exemplo Campión Galego no ano 2006 en peso, martelo e disco. Tamén Campión Galego de lanzamento de peso no ano 2007 en pista cuberta en Riazor (A Coruña), quedando clasificado para o Campionato de España en Categoría Cadete, onde conseguiu a medalla de bronce. Novamente convertiuse en Campión Galego no ano 2008 de lanzamento de disco, quedando clasificado para o Campionato Español en Categoría Xuvenil, onde acadou unha meritísima 8ª posición. Certamente que con Brais Otero González -pese á súa xuventude e se as lesións o respectan- estamos ante unha das máis firmes promesas do atletismo galego e español.
Un comentario en «Brais Otero González, “O Rei” do lanzamento»
  1. Orgullosa me siento del nivel que alcanzó siendo tan niño👏orgullosa de ser su madre ❤😍

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies