Lun. Oct 25th, 2021
Encantados de retomar a nosa actividade, ¡¡saudámosvos con inmensa alegría!! ¿A verdade? Non podíamos aguantar máis tempo parados, temos ganas de traballar e de ofrecervos a mellor información cultural, así que pouquiño a pouco iremos publicando as reportaxes atrasadas -e por suposto as actuais- completando ademais o deseño da páxina, que xa mirades que está practicamente baleira.
Animámosvos a que colaboredes -dende xa- coas vosas aportacións fotográficas ou literarias en Noticias O Rosal.
Abriremos proximamente multitude de seccións na web e comezaremos un novo proxecto, polo que se queredes participar ou axudar dalgunha maneira, dar o voso parecer, idea ou suxestión, contactade con nós sen compromiso nin problema algún en noticiasorosal@hotmail.com
¡Saúdos e graciñas de corazón a todos aqueles que vos puxéstedes en contacto con nós ou nos transmitíchedes a vosa confianza, disposición e ánimo…! Falamos en breve.

Humildemente, pero iso si, co noso amor a O Rosal, con infinita ilusión e coa promesa de “dalo todo”, afrontamos esta nova etapa, despois do pequeno -e agardemos- último paréntese informativo. Sen máis…

¡VIVA O ROSAL! ¡VIVAN OS ROSALEIROS E AS ROSALEIRAS! ¡VIVA QUEN LLE DESEXE BEN Á NOSA VILA!
P.D.: Unha curiosidade, dícese que en galego somos rosaleses e rosalesas… respectámolo, pero gústanos máis o xentilicio de sempre, o tradicional… 
¡Saúdos! ¡E non vos cortedes! Contade con nós para o que desexedes, tanto na organización, colaboración ou difusión de eventos turístico-culturais da nosa Comarca, como para calquera promoción do que consideredes importante. En fin, no que poidamos axudar, aquí estamos de novo. Á vosa disposición.
O Equipo de Noticias O Rosal. 20 de abril de 2011
5 comentarios en «¡Benvidos/as de novo a Noticias O Rosal… en probas e pouquiño a pouco!»
  1. GRAZAS POR SEGUIR INFORMÁNDONOS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies