Segundo se informa dende o Concello da Guarda, este venres día 11 de xaneiro de 2019 terá lugar a primeira Barferencia do ano na vila do Trega, en concreto falarase sobre a «Historia da Fábrica das Cachadas», a cargo do investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.

Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños da Gándara, “onde se poderá coñecer un pouco máis sobre a historia desta empresa e do traballo alí realizado dende os seus comezos ata a actualidade. No lugar das Cachadas hai referencias a distintas telleiras, entre elas a telleira de Lomba, documentada xa en 1808”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.