A Banda do Rosal “competirá” co grupo ‘A Roda’

Dúas das formacións máis importantes de Galicia (por suposto, cada unha no seu eido) como son a recoñecida Banda da Agrupación Musical do Rosal e o mítico grupo ‘A Roda’, “competirán” durante as XXX Festas do Cabaqueiro e do Pilar por animar cos seus concertos a todas as persoas que se acheguen ata a Praza do Calvario.

O Rosal acolle o mércores 11 e o xoves 12 de outubro as Festas do Pilar e a XXX Romancha do Cabaqueiro na honra e homenaxe aos vellos mestres telleiros do Baixo Miño.

MÉRCORES 11 DE OUTUBRO

Formación actual de ‘A Roda’. (Foto: grupoaroda.es)

O grupo de gaitas Airiños do Folón actuará pola rúa de mañá. A partir das 10 da noite será a quenda de disfrutar das míticas cancións de A Roda como “O andar miudiño” e “Pousa, pousa”.

Unha vez remate o concerto, comezará a verbena coa orquestra A Oca Band.

XOVES 12 DE OUTUBRO

A Coral da Agrupación Musical do Rosal cantará a misa solemne na honra da Virxe do Pilar. Xa de tarde, a partir das 17:30 horas, o rosaleiro Rafael Vicente Fernández lerá o pregón deste 30 Aniversario da Festa do Cabaqueiro.

Manuel “Trintiña” e Benito “O Pinta” nunha demostración, hai anos (Foto: J.R.)

A continuación, a tradicional demostración de “taxicar cabacas e toupos a joucha” (os cabaqueiros realizarán ‘en directo’ tellas e ladrillos a man na Praza do Calvario).

A Banda durante unha actuación en xullo deste ano. (Foto: Noticias O Rosal)

A partir das 19:00 horas, actuación do alumnado da Escola de Baile dos nosos internacionais veciños Jose & Rosy. Ao finalizar, o concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal que dirixe José Javier Bascoy. Igualmente, haberá demostración de oficios artesanais e diferentes mostras no Salón de Exposicións do Concello.

Segundo reza o cartel anunciador das Festas, o Centro de Interpretación “Os Cabaqueiros” (edificio da Cámara Agraria) permanecerá aberto toda a tarde.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.