Informa: Concello do Rosal.
O outono chega a O Rosal cargado de cultura. O Concello xa puxo en marcha para os meses de outubro e novembro unha ampla programación na que as actividades infantís e a música compartirán escenario coa literatura, as charlas medioambientais, o teatro ou o patrimonio histórico e cultural.
“Despois duns intensos días nos que volvemos desfrutar da nosa Feira do Viño do Rosal e da nosa Festa do Outono do Pilar con total normalidade e nun espazo único, continuamos traballando para que a veciñanza goce nos dous vindeiros meses dunha morea de actividades para todos os públicos e para todos os gustos”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Máis información aquí.