Así naceu a parroquia de San Xoán de Tabagón

FACENDO HISTORIA. LEMBRANDO DATAS… SAN XOÁN DE TABAGÓN (O ROSAL)

O primeiro intento de creación da parroquia de San Xoán de Tabagón, así como da edificación da súa igrexa, data do século XVIII. Pero, con documentación histórica, atópase xa en 1803, como tamén con proxecto de obra a realizar. Incluso aparece como primeiro mestre de obra Pedro Pérez, de Pedornes (Oia).

Os coñecidos “mixtos“, isto é, os cidadáns de Tabagón, pronto contarán con parroquia e tamén con igrexa (templo), desmembrándose enteiramente das freguesías de Eiras e San Miguel.

A primeira pedra da fábrica da súa igrexa colocouse e bendícese o 10 de outubro de 1804. Dita obra avanzará moi firme, lentamente e por partes.

No 1820 a construción do templo áchase case todo en pé. A igrexa inaugúrase en 1826. O seu primeiro abade sería o reverendo Manuel Francisco Truyteiro, de Soutomaior.

A primeira misa celebrada na parroquia, na súa igrexa, foi o 6 de agosto dese ano, 1826. (Arriba, na imaxe principal, en branco e negro, detalle do 1º centenario da igrexa).

Para maior información histórica véxase o libro San Juan de Tabagón. Historia, Festa e Cultura, 1997. Fai agora, lembrámolo, 20 anos da súa publicación.

Pois, San Xoán de Tabagón, conta xa coa súa flamante e fermosa igrexa parroquial, un tanto inspirada na arte relixiosa portuguesa. En parte, cousa lóxica, xa que foi o mestre canteiro J. Manuel Palón, portugués de Lanhelas, quen rematou as obras.

Asemade, nesta ocasión, lembramos a data de 1907 en que se derrubou parte da torre, seu remate. Seguindo á tradición, nos contaron “foi destruída por un raio, o mesmo que a igrexa de Goián“. E deste lamentable contratempo, fai agora 110 anos.

Polo semanario Heraldo Guardés (14 de setembro de 1907) e polos datos do arquivo parroquial, fixéronse obras de restauración na cúpula da igrexa.

Ditas reformas foron realizadas polo mestre de obras tabagonés, José Martínez Novás*. Estas obras de restauración estiveron revisadas, como técnico, polo arquitecto diocesano, Manuel Felipe Quintana, no referido ano 1907.

*Na nosa seguinte colaboración, daremos a coñecer -aínda que brevemente- a biografía deste notable e descoñecido persoeiro tabagonés, no seu labor profesional.

Xoán Martínez Tamuxe

1 thought on “Así naceu a parroquia de San Xoán de Tabagón

  1. José António Martins da Costa dice:

    Caro Amigo.
    Gostei de mais deste teu escrito, sempre vincando as fontes.
    Abraço e que continues por largos anos a escrever a história dos tempos idos.
    Forte abraço.
    José Costa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies