As tellas con marcas, herdanza dos romanos (Parte I)

Xoán Martínez Tamuxe // 📸 J.R. / Clodio González.

A propósito das Festas da Nosa Señora do Pilar (A Pilarica) -patroa do noso Concello)- e da XXXI edición da festa en lembranza dos Cabaqueiros, que se celebran do venres 11 ao domingo 13 de outubro, falaremos nesta ocasión das tellas (cabacas) con marca.

Por investigación que dende fai anos vimos realizando, coñecemos que, dende a época dos romanos (século I a.d.C) os telleiros -cabaqueiros- seus herdeiros, marcaban signos ou gravados con descoñecida significación en tellas, en moitas das “cabacas” ata fai pouco, antes pois, de morrer a fabricación artesanal (isto é, o arte de “taxicar cabacas e toupos (ladrillos) á joucha”) arredor de 1960.

Cantidade de xente descoñece que nos tellados vellos das nosas casas atópanse aínda cabacas con debuxos ou gravados un tanto misteriosos, tal como xeroglíficos, datas, figuras, algunhas humanas (tipo monicreque), nomes e apelidos, nomes de lugar da Cabaqueira, noticias históricas, anagramas, cruces, ondulacións, poesías, iniciais (maiúsculas), etc.

Moitas das singulares e artísticas pezas forman parte dos fondos do Museo Histórico-Etnográfico da nosa Vila, creado inicialmente no ano 1981. (Enciclopedia Galega Universal-Vigo, 2002).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies