As Pandereteiras Tremelique, en Fornelos

Elena, Lorena, Miriam, Berta, Tania e Rebeca no Luar. (Fotos: Tremelique)

As Pandereteiras Tremelique do Rosal, que dirixe Berta Castro, actuarán o vindeiro sábado 11 de febreiro (22:30 horas) na Asociación de Veciños ‘Río Folón’, no seu local, que está situado en plena Praza de Fornelos. Como cada sábado, levarase a cabo o tradicional bingo con importantes premios. 

Lembramos dende Noticias O Rosal que o grupo está formado por Elena Dorado, Tania Rodríguez, Miriam Diego, Lorena Villa, Rebeca Rodríguez e a propia Berta Castro. Segundo elas mesmas se definen, son “seis mozas que cantamos e tocamos música tradicional co fin de seguir transmitindo parte das nosas raíces culturais“.

En novembro pasado, Tremelique tivo un grande éxito no programa Luar, da TVG.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies