As Festas de Tabagón inícianse este venres 29 coa Subida do Artístico Arco

 

Esta fin de semana (29, 30 e 31 de xaneiro) celébranse en San Xoán de Tabagón as Festas na honra da Saúde e San Brais.
Venres 29 de xaneiro
Ás 13:00 horas, gran tirada de fogos. A partir das 15:00 horas, o grupo Os Terribles de Tomiño percorrerá o pobo e amenizará ás 18:00 horas a Subida do Artístico Arco*.
Xa ás 20:00 horas, animado ambiente coa actuación do Grupo Adredde.

 

Pequeno vídeo extraído do programa de TVE “Desde Galicia para el mundo” (1996)

 

Sábado 30 de xaneiro
Ás 11:00 horas, pasarrúas do grupo Virxe do Alivio.
Ás 12:00 horas, misa solemne na honra de San Brais, con sermón e procesión.
A partir das 18:00 horas, presentación das orquestras Jerusalén, Atenas e T.BM.
Domingo 31 de xaneiro
Ás 11:00 horas, novo pasarrúas do grupo Virxe do Alivio.
Ás 12:00 horas, misa solemne na honra da Virxe da Saúde, con sermón e procesión.
A partir das 18:00 horas, chocolate gratis para todos e inchables para os nenos/as.*O Artístico Arco de Tabagón, tamén chamado “maio”, quizais en lembranza da diosa “Maya” coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde e San Brais. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes “maios” aluden a un acontecemento ou conmemoración de carácter universal. Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies