As Cantareiras de Ardebullo, en Pías (O Rosal)

As Cantareiras de Ardebullo ofrecerán a actuación estelar da tradicional Feira de San Gregorio en Pías (San Miguel de Tabagón-O Rosal) que se celebrará o sábado 11 e o domingo 12 de marzo de 2017.

O grupo de gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do pobo, inaugurándose as actividades da Feira o sábado ás 17:00 horas. Así, pois terá lugar o XX Evento Gastronómico Rosca de Roxóns, amenizando o grupo de amigos Os Da Orde.

Brais, Noly e Óscar, xuíces do Concurso da Tortilla de Pataca

Igualmente, tras o éxito das primeiras edicións, convócase o III Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca, con dúas modalidades (tradicional e innovación). A inscrición é libre e gratuíta. Haberá obradoiros infantís (maquillaxe-globoflexia, xogos, etc). Ás 19:30 horas, misa rezada na capela de San Gregorio.

As Cantareiras de Ardebullo (Mucha e Nucha) ou o que é o mesmo (Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro), como dixemos, a “liarán” a partir das 20:00 horas.

Xa o domingo 12 de marzo, polbo á feira durante todo o día. O grupo A Boalleira volverá a actuar de mañá, celebrándose ás 10:00 horas a primeira misa rezada. Xa ás 12:00 horas, misa solemne con sermón e procesión, acompañada de A Boalleira.

A partir das 17:00 horas o espectáculo máxico de Mago Xacobe e Pedro Bugarín. Ás 19:00 horas, actuación do grupo folk Tanto nos ten.

Félix Fidalgo facendo unha demostración na Praza do Calvario (Foto: Arquivo J.R. 2008)

Como todos os anos, haberá exposicións de pintura de Delia R. Villavedra e de escultura do rosaleiro Félix Gómez Fidalgo. Ademais terá lugar a XII Exposición de Encaixe de palillo e palillada e a XII Feira de Artesanía.

Lembrar tamén que o sábado 4 de marzo, a partir das 15:30 horas, xogarase na Alameda de Pías o XI Torneo da Cachiza San Gregorio 2017. A Festa estará amenizada polo Coro Fuscalheiro.

Como reza o cartel, haberá sesión vermouth, xantar, pinchos e sesión DJ. Máis información, no teléfono 606 837 304 (Sergio).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies