Artistas do Baixo Miño expoñen en Goián

cartel grupo impas goian 2016 - copia

Informa: Charo Trigo // Grupo Impás.

O Grupo Impás presenta unha nova exposición, desta vez no Centro Goianés (Avda Ordóñez, Goián-Tomiño), do 1 ao 14 de xullo de 2016, cos seguintes horarios:
Todos os días. Polas mañas: de 11h a 14h e polas tardes: de 17h a 22h.

A inauguración da mostra terá lugar o xoves 30 de xuño ás 20:30 horas. Os artistas participantes son Pilar López, José Luís Rodriguez, Charo Trigo, María Rodríguez, Fini Mauri, Laura Baz, Daniel Vicente, Nacho Martínez, Paula Vicente e Mario Vicente.

O Grupo Impás naceu no ano 1990 baixo a dirección da pintora guardesa Alicia Alonso e está formado por homes e mulleres de todo o Baixo Miño, de idades e profesións variadas. Teñen exposto a súas obras por toda a Comarca do Baixo Miño con gran aceptaciónAs técnicas son variadas, óleos, pastel, debuxos de carboncillo, grafito, ect….

Dende o Grupo Impás convídase á cidadanía a visitar e a disfrutar desta mostra en Goián.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies