Apareceu o gañador da Macrocesta do Rosal

Manuel, máis que contento coa Macrocesta, amosa a súa rifa gañadora

A cesta máis grande de Galicia, a “Macrocesta de Navidad” do Val Rosal Trintiña, valorada en máis de 4000 euros, xa ten gañador.

Hai uns intres, dende o propio local rosaleiro, se comunicaba polas redes sociais a noticia: “Ya apareció el ganador y se ha entregado el premio. Dar desde el Val Rosal las gracias a todos por participar y un abrazo a Manuel Granja por habérselo llevado. Nosotros continuaremos haciendo cosas nuevas. Un saludo”.

Celia e Dani franquean ao gañador, Manuel Granja

Segundo puido saber Noticias O Rosal, o agraciado, Manuel Granja, é veciño do concello de Oia, vendéndolle a rifa gañadora (6904) Gene, un compañeiro de traballo, que tamén se atopaba no momento da entrega deste formidable premio.

¡Noraboa ao agraciado e como non, a Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes e promotores desta xenial iniciativa!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies