ANO MÁXICO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Está a piques de
rematar a  presente tempada do Club Deportivo
San Xerome. Apenas  restan  unhas cantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença,
Carreira de Amorín…), pero xa podemos calificar como brillante o balance final.
Os resultados
non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano,
con adestramentos moi esixentes, loitando contra vento e marea. Noraboa polo
tanto aos atletas polo seu esforzo, e aos adestradores voluntarios, enormes.
GRAZAS pola súa entrega e actitude solidaria. Mención especial á Sociedade Atlética
do Tegra, que nesta súa nova andaina, está a realizar cos nosos atletas unha
importantísima labor de integración a través do deporte.  Antigo obxectivo, que tan só é posible conquerir
grazas á consonancia na filosofía deportiva dos dous Clubes: Tegra-S.Xerome.
É  importante lembrar  que 
existen 3 categorías nas probas organizadas polas Federacións Galega
(FEGADDI),  e Española  (FEDDI) de deporte para discapacitados
intelectuais:
  • Categoría de competición: máxima categoría. Os
    gañadores/as, proclámanse campións Galegos e de España  das 
    respectivas especialidades.
  • Categoría Adapatada: a normativa adáptase aos
    participantes.
  • Categoría de Xogo/Habilidades deportivas: as probas
    teñen un carácter participativo.
Tendo en conta
estas premisas e as condicións físicas de cada deportista, realizáronse  adestramentos individualizados durante o ano,
combinando o traballo nas pistas de atletismo do Estadio da Mata (O Rosal), co
realizado no velódromo das Eiras (O Rosal).
Centrándonos nas
dúas últimas competicións específicas, organizadas polas  Federacións Galega e Española de deporte para
persoas con discapacidade intelectual, 
destacar a progresión experimentada nos últimos anos dos nosos atletas,
así como  o inicio da renovación
xeneracional coa incorporación de deportistas máis novos.
Os resultados non
deixan ningún xénero de dúbidas, 12 medallas no Campionato Galego celebrado en
Vilagarcía; e 9 no Campionato de España celebrado en Badajoz (as únicas
medallas “galegas” da competición). 
Estes resultados sitúan ao noso Club como 5º  mellor Club (homes), e 6º mellor Club (mulleres),
no Ránking da Federación Española (FEDDI).
Resumo dos
resultados destas últimas competicións (medalleiro):
Campionato Galego de Atletismo
(Vilagarcía).
  • Categoría de competición:
–         
María F. García: 1ª en lanzamento de peso e xavelina
–         
Luis Antonio Sández: 1º en 3.000 m. e 2º en 800 m.
–         
Borja Cadilla: 2º en 1500 m.  e 3000 m.
–         
Maite Santos: 1ª en 400 m. e 3ª en 800 m.
–         Fabio Martínez: 2º en lanzamento de xavelina, e  3º en lanzamento de peso.
  • Categoría Xogo:
–         
Rosa María Álvarez: 1ª en 400
m.
–         
Celia López: 3ª en 150 m.
Campionato  de España 
de atletismo (Badajoz).
  • Categoría de competición:
–         
María F. García: 2ª en lanzamento de peso e disco, 3ª
en lanzamento de xavelina
–      Fabio Martínez: 2º en lanzamento de peso,  3º en lanzamento de disco e xavelina
  • Categoría adaptada:
–       Maite Santos: 1ª en 
800 m.
e 400 m.
 2ª en lanzamento de peso

A Guarda,  5 de xuño de 2014

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies