Andaina “A Ruta dos Muíños” A Valga – Muíños do Folón e do Picón – A Valga, o domingo 22

Ruta Muíños

Segundo nos comunica Carlos Alonso Fernández, este domingo 22 de maio, organizada por Ciclismo Oiense, coa colaboración do Concello de Oia e diversas casas comerciais, vaise celebrar a Andaina “A Ruta dos Muíños”, partindo ás 10:00 horas da antiga casa forestal do alto da Valga.

Os participantes afrontarán un percorrido circular de 20 km de dificultade media polo pico do Castro da Chavella, onde Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros dará unha breve charla informativa das escavacións que se están a realizar. Seguirase ata o pico do Brazal (antenas de tv), Poza dos Corvos, capela de San Martiño e baixada polos muíños de O Picón a Martín, para a comida campestre, amenizada por unha charanga de gaitas.

Repostas as forzas, visita a un muíño restaurado e funcionando, con charla informativa a cargo de Juan Ramón Martínez Barbosa, director desta web e coautor do libro “Os muíños do Folón e do Picón. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia”. A continuación se reanuda a andaina para subir polos muíños do Folón e dirixirse aos do Calán, Estripeiro e curro da Valga, para xa finalizar cunha chocolatada con rosca caseira e sorteo de regalos.

O prezo da inscrición é de 6 € con seguro, guías, todo terreo de apoio, empanada, froita, bebida e 3’50 € máis para os que desexen o chocolate coa rosca caseira. Inscrición antes do 20 de maio no whatsaap 666 609 410 ou no correo ciclismooiense@gmail.com

Máis información na páxina de Ciclismo Oiense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies