‘América’, cabeza de cartel nas Festas do Rosal

O recoñecido grupo vigués América será o cabeza de cartel das Festas do Pilar e do Cabaqueiro que terán lugar na céntrica Praza do Calvario (O Rosal) os días 11, 12 e 13 de outubro de 2018.

Precisamente será América a encargada de “inaugurar” o xoves 11 de outubro os tradicionais festexos rosaleiros cunha verbena por todo o alto.

Manuel “Trintiña” (D.E.P.) e Benito “Pinta”, ‘lasqueando’. (Foto: J.R.)

O venres 12, de mañá, misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. Pola tarde celebración da Festa en lembranza e homenaxe aos Cabaqueiros (con demostración de facer tellas e ladrillos en directo) e a continuación concerto da nosa Agrupación Musical do Rosal.

Agrupación Musical do Rosal. (Foto: Brais Martínez)

Xa o sábado 13, actuación do máis que simpático grupo De Vacas a partir das 21:30 horas.

Foto: De Vacas

A pregoeira destas Festas do Pilar e do Cabaqueiro 2018 será Alia Vázquez Martínez, historiadora natural de A Guarda, licenciada en Historia da Arte e Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Inauguración do Monumento ao Cabaqueiro en 1987. (Imaxe: Foto Verano)

Durante as Festas haberá tamén mostra de oficios artesanais: cesteiros, zoqueiro, canteiro… Ademais, exposición de manualidades e restauración a cargo de Mari Hernández García.

Máis información no teléfono 986 62 50 00 (Concello do Rosal).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.