Alumnos do IES A Sangriña e do San Xerome participaron en Francia nun intercambio europeo

Carlos González Blanco / San Xerome
A actividade forma parte do Programa europeo Comenius Regio xunto con dúas institucións da rexión norte de Francia (Dunkerque).
Nesta ocasión permaneceron en Francia do 11 ao 22 de xaneiro, cinco alumnos e dúas profesoras do San Xerome xunto con alumnos e profesores do IES A Sangriña. Nestes días desenrolaron un amplo programa con dúas institucións francesas (College Boris Vian e Instituto de Dunkerque).
A chegada estaba prevista para o mércores día 18, pero debido á folga dos controladores aéreos franceses pospúxose ata o domingo 22. As autoridades francesas, facilitaron a estancia destes 4 días “extras”.
O programa incluíu obradoiros, actividades institucionais e visitas guiadas: París (Museo do Louvre, Torre Eiffel…), Nachtegal, Brujas (Bélxica), Dunkerque …
Esta actividade é un claro exemplo de integración, enmarcada dentro dos obxectivos previstos fai anos por un grupo de profesores do IES A Sangriña que compaxinan a súa labor pedagóxica no IES co voluntariado no San Xerome.
Na imaxe, os participantes de San Xerome na súa visita á cidade de Bruxas (Bélxica).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies