Almanaque da Comunidade de Montes do Rosal para 2021

Como en anos anteriores, a nosa activa Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, un ano máis, nos obsequiou cun novo almanaque (portada dixital de hoxe en O ROSALEIRO).

Das súas varias ilustracións de diferentes especies arbóreas, cabe destacar a imaxe principal dunha pequena e fermosa fervenza. Atópase esta próxima ao regato, nas inmediacións dos montes e lugar de Navellos, barrio de Parada, xuradía de Novás.

O seu emprazamento, moi preto (20-30 metros) do Castro de Parada, con abundantes restos arqueolóxicos: cerámica romana (tégula, pondus, muíños circulares, etc) que nos mostraron os veciños.

A esa mesma distancia do castro, concretamente no lugar da popular Presa de Navellos, podemos observar interesantes estacións rupestres, tanto prehistóricas (expirais, círculos concéntricos, sucos, coviñas, etc) como de gravados históricos, tal como cruciformes cristolóxicos con diferente e fermosa recreación cristiá dos séculos IV-V, despois do Edito de Milán do 313, pomulgado por Constantino I.

Comprobaremos noutra ocasión como quizais no castro galaico-romano de Parada e as súas inmediacións, puido existir unha vila tardorromana.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies