Alba Rodríguez triunfa no mundo da danza

Tal e como se informa dende o Concello “Alba Rodríguez Videira, veciña do Rosal vén de acadar importantes logros na 1ª fase do concurso anual de danza ANAPRODE 2017 que tivo lugar en Avilés (Asturias) os días 11 e 12 de marzo e que reuniu a centos de mozas e mozos das escolas de baile máis prestixiosas do norte de España.

Escolas de toda Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e norte de Castela-León déronse cita para representar ás súas provincias nas modalidades de baile elixidas por cada centro. As persoas clasificadas nesta final da 1ª fase do Norte de España, irán a Tarragona á Fase Final Nacional os días 5, 6 e 7 de maio de 2017.

Alba, natural de Martín (O Rosal) e de 17 anos xa amosou a súa afección cando con tan só 6 iniciouse no aerobic. Posteriormente con 9 anos foi á escola de baile Xamaraina na Guarda e con 14 anos á escola de baile Marcando Pasos de Nigrán, onde estivo estes últimos anos e onde se preparou coas súas compañeiras para clasificarse coma unha das mellores escolas de baile do norte de España.

Alba acadou o primeiro premio individual con mención especial do xurado na modalidade de Danza Urbana, e dous primeiros premios grupais na modalidade Fusión.

Noraboa a Alba e moitos éxitos na súa andadura artística!”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies