Tal e como nos veñen de informar, a Asociación Cultural XIDA presenta o vindeiro sábado 26 de marzo no Auditorio Municipal do Rosal (20:00 horas) a regueifa “Fiando Redes”, coa improvisación e a retranca de Alba María e Lupe Blanco “que veñen mudar o establecido nun mundo de homes”.
Segundo a organización “os cantos ó improviso dende o punto de vista de dúas mulleres traen unha nova mensaxe, cargada de emponderamento, igualdade e respecto, sen esquecer a retranca. Porque elas tamén teñen moito que dicir e contar… A regueifa do século XXI é inclusiva e pon coma protagonistas a moitas que ata agora foron silenciadas”.