O Acanor Atlético Novás, 3º posto en Primeira

Clasificación Novás

O Acanor Atlético Novás, tras a súa vitoria en Lalín (19-26), remata finalmente como terceiro clasificado do seu grupo na Primeira Nacional, ademais de ser a “mellor defensa da categoría (cunha espectacular media de 20,5 goles encaixados por encontro), e como equipo con mellor diferencia de goles (+273)”.

Segundo se afirma dende o club que preside Andrés Senra, “ofensivamente fomos os terceiros que máis veces perforamos a portería rival. Aínda así non foi suficiente, e por dous puntos non estaremos no sorteo de grupos para os sectores que se celebra en Madrid”.

Pola súa banda, o máximo goleador do equipo foi a nova fichaxe, Miguel Sío (ex do BM Chapela), quen tras a baixa por lesión de Roberto Rodríguez “Harris”, comandou o “pichichi” nas últimas semanas.

Miguel Sío Acanor Atlético Novás O Rosal
Miguel Sío, “pichichi” do Acanor Atlético Novás

MÁXIMOS GOLEADORES DA TEMPADA 2015/2016
1. Miguel Sío – 112g.
1. Roberto ‘Harris’ – 106g
3. Manu Martínez e Iago Flores – 94g
4. Alex Tsybanev – 83g
5. Sergy Tsybanev – 65g
6. David Lechuga – 62g
8. Miguel Trigo – 54g
9. César Armán – 48g
10. Víctor Armán – 45g
11. Isma Rodríguez – 42g
12. Jorge Pousa- 34g
13. Dani Pintus – 20g
14. Carlos Rodríguez – 19g
15. Jorge Teixeira – 6g.
16. Noé Treinta e Gabri Lomba – 4g.
17. Jorge Pintus – 1g.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies