A U.D. Ribera fai un chamamento á afección

UD RIBERA

O Estadio Municipal da Mata, acollerá este domingo 10 de abril (17:00 horas) “un importantísimo partido” do equipo da U.D. Ribera senior, contra o Louro Tameiga, correspondente á xornada 28 da Segunda Autonómica (grupo XIII).

Yago Cruces Santos U.D. Ribera O Rosal
Yago Cruces Santos, adestrador do equipo senior. (Fotos: U.D. Ribera)

Segundo proclama o club rosaleiro de fútbol “necesitamos el apoyo de la afición más que nunca y por eso por cada carnet de socio podrán entrar 5 aficionados verdes totalmente gratis“. Comunican tamén dende o Ribera, que aínda que alguén non sexa socio, pode falar cos xogadores e tamén lles facilitarán invitacións de entrada para o encontro.

UD. Ribera

O conxunto que adestra Yago Cruces Santos, atópase no 10º posto da clasificación, con 37 puntos, polo que unha vitoria fronte ao Club Louro Tameiga (39 puntos) achegaríao de novo á loita na “zona nobre” da categoría. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies