📸 Arquivo Noticias O Rosal
✍️ Concello do Rosal
A idílica senda dos muíños do Folón e do Picón -como puidemos comprobar dende Noticias O Rosal in situ a fin de semana- foi un dos destinos máis atractivos das Rías Baixas, máxime agora cos diferentes peches perimetrais activados. Mesmo a TVG estivo en directo emitindo dende os Muíños.
“Grande acollida das rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón organizadas polo Concello”. Segundo nota de prensa remitida polo ente municipal “as 24 prazas dispoñibles enchéronse en cuestións de horas. Familias e grupos de amigos procedentes do Baixo Miño, Val Miñor e Vigo, perfil maioritario”.
O éxito da proposta reflíctese no rápido que se encheron as tres quendas propostas, con 24 prazas totais dispoñibles que se encheron en cuestión de horas. Un percorrido de 3,5 km cun guía autorizado co que as persoas participantes coñeceron a contorna, a súa historia e os valores patrimoniais desta singular zona rosaleira. “Queriamos ofrecer unha alternativa para desfrutar destas vacacións dun xeito seguro e en plena natureza, descubrindo a todas as persoas visitantes un dos recunchos máis fermosos do noso municipio”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
As rutas realizáronse con todos os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias, con grupos de aforo reducido e respectando todas as medidas de prevención.
Información completa na web municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.