A rosaleira Vero Pérez, Campiona de Galicia

Informa: Mónica Pacheco / C.D Baixo Miño

A judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco -aínda en categoría cadete- alzouse esta fin de semana co título de Campiona Galega Junior na categoría de -52 kg.

Verónica leva unha moi boa tempada tras saír dunha pequena lesión. Só dende outubro xa conseguiu en Copas de España dúas medallas de prata e dous quintos postos, ser campiona por equipos na Liga Galega de Clubs e o título de Campiona Galega Junior.

Agora, a deportista do Rosal viaxará esta semana para intentar clasificarse no sector Oeste (Galicia, Asturias, Cantabria e Castilla e León) entre as tres mellores da súa categoría para poder acceder á final do Campionato de España Junior.

Ademais, a vindeira semana Verónica competirá na primeira Copa de Europa Cadete da tempada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies