Dom. Ene 16th, 2022
A tenente de alcalde e concelleira de Servicios Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso, dá a benvida ao acto

O Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolleu o pasado sábado 5 de marzo a inauguración da exposición de fotografía “Mulleres na Historia”, que estará aberta ao público durante todo o mes de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, que será este martes día 8.

Deu a benAs mulleres do Rosal na Historia (35)vida aos asistentes Mª Carmen Alonso, tenente de alcalde do Rosal e concelleira de Servizos Sociais e Muller, ademais de responsable da mostra, quen salientou que é unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural da nosa historia.

Entre os asistentes ao acto atopábase o propio alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, así como gran parte dos concelleiros da Corporación Municipal, o historiador local Xoán Martínez Tamuxe e algúns dos veciños que aportaron as fotografías.

Dende Noticias O Rosal puidemos falar tamén coa “comisaria” da exposición, a educadora familiar da vila, Sandra Alonso, quen se amosou encantada coa resposta ante esta iniciativa e prometeu seguir traballando co seu departamento en actuacións de similares características.

A nosa noraboa a organizadores e participantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies