Lun. Oct 25th, 2021
A Sociedade Liga de Amigos de O Rosal cumpre hoxe nada máis e nada menos que 103 anos de vida, dende que se fundou aquel 5 de maio de 1918. A entidade rosaleira está presidida na actualidade por César Conde Martínez dende o ano 2014.
Lembramos que recentemente, con motivo do seu I Centenario, publicouse o libro A Sociedade Liga de Amigos. Cen anos de historia (1918-2018) da autoría do investigador Xoán Martínez Tamuxe.
Así, nas páxinas desta obra se pode ler, por exemplo, que “das 26 sociedades rosaleiras máis antigas, inscritas no Rexistro Civil da Provincia entre 1881 e 1939, só a Liga de Amigos alcanzou sobrevivir esa longa etapa que agora se conmemora“.

Igualmente, reseñamos como curiosidade, que ao longo destes máis de 100 anos rexentaron a Sociedade 31 presidentes, que o seu patrono é San Isidro Labrador ou mesmo que alá por 1925 a Liga contou con equipo propio de fútbol, denominándose El Rosal S.C.
Dende Noticias O Rosal os nosos parabéns para “A Liga”!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies