Reportaxe especial da III Andaina 10k O Rosal

Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2016 (2)

Este 2016 foi, sen dúbida, o ano da consolidación da Andaina 10k O Rosal Feira do Viño como unha das efemérides máis esperadas no Baixo Miño polos amantes do sendeirismo e das camiñatas pola natureza en xeral.

Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2016 (3)

????????????????????????????????????

A pesares da calor reinante durante toda a xornada, un cento de valentes participantes tomaron o domingo 17 de xullo na Praza do Calvario, a saída na III edición da Andaina. Camiñata por fermosas e idílicas paraxes rosaleiras (A Pesqueira, Fornelos, As Aceñas) que como en anos anteriores estivo coordinada por Juan Ramón Martínez Barbosa, sendo organizada por AD TOP TEN SPORT en colaboración con Qualité Sport e o Concello do Rosal.

Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2016 (9)

Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2016 (13)

Ademais, nesta ocasión o Val Rosal Trintiña, o Bar-Bocatería do Quesy e Froitas do Rosal-Mirabel do Rosal tamén quixeron ofrecer o seu pequeno gran de area obsequiando aos inscritos na Andaina con degustación de xamón e mermeladas, así como con descontos, sorteo de ceas e consumicións nos locais.

Andaina O Rosal

Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2016 (7)

Un dos momentos máis emocionantes e de complicidade, como xa é tradición, foron os aplausos e ánimos dos participantes da andaina aos da carreira, pois novamente houbo tramos que se compartiron polos máis de 300 inscritos deste atractivo evento deportivo “10k O Rosal Feira do Viño“.

« 1 de 6 »

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies