Jue. Oct 6th, 2022
Segundo comunica no seu perfil de facebook o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o 31 de decembro deste ano ás 11:00 horas, celebrarase na vila a I Carreira Popular “San Silvestre O Rosal”.
Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o propio Concello, coa colaboración do Comercio do Rosal, será “unha actividade fundamentalmente lúdica e familiar, non competitiva”.
Estas son as bases, regulamento e os diferentes premios que aporta o Comercio do Rosal para o seu sorteo.

P.D.: A ENTREGA DE DORSAIS REALIZARASE DE 10.00 A 10.45. A SAÍDA PARA OS CORREDORES SERÁ ÁS 11.000 HORAS E OS QUE QUEIRAN IR ANDANDO COS SEUS FILLOS, AVÓS….E NON QUEIRAN IR CORRENDO, SAIRÁN ÁS 11.30 CUN PERCORRIDO MÁIS CURTO 

¿A QUE ESTADES ESPERANDO? ESPERÁMOSVOS Ó FINALIZAR CUNHA CHOCOLATADA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES E UN MONTE DE PREMIOS A SORTEAR ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES. RECORDADE QUE PODE PARTICIPAR TODO O QUE QUEIRA. AMPLIAMOS O PRAZO ATA O 19 DE DECEMBRO ¡¡¡¡¡¡

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies