A Guarda e O Rosal, 2000 anos “taxicando cabacas”

Tella con marca más antiga dos fondos do Museo do Rosal (1707)

AS TELLAS CON MARCAS, HERDANZA DOS ROMANOS (II)

Complementando o tema anunciado na colaboración anterior sobre as tellas (cabacas) con marcas dos nosos telleiros-cabaqueiros, imos lembrar cando e como apareceron as tellas en Galicia.

Inauguración do Monumento ao Cabaqueiro en 1987. (Imaxe: Foto Verano)

Todos sabemos que antes da chegada dos romanos á nosa terra, como xa dixemos, alá polo século I a.C., os nosos pobos estaban ocupados polos indíxenas (do Paleolítico, nómadas e recolectores).

Logo, sedentarios e organizados (Época de Bronce, xa con gravados rupestres: petróglifos cunha antigüidade de máis de 2000 anos antes da nosa Era Cristiana).

No século VII antes de Cristo, nos invaden pobos orixinarios de Centroeuropa, guerrilleiros e coñecedores xa do ferro.

Estes invasores “celtas-indoeuropeos” e prerromanos, ocuparon na nosa xeografía lugares de altura, claves para a defensa… son os coñecidos poboados: os castros, orixe dos pobos, aldeas… (na imaxe principal, vivendas do xacemento de Santa Trega en A Guarda. Á esquerda castrexa e á dereita, romana).

Aínda que vivindo en tribus e as súas casas circulares, xa contan con paredes de pedra, pero seus “tellados”, máis ben cobertas, son de material perecedeiro: ramaxe, xunco e colmo.

Só coa chegada dos romanos e a súa poderosa enxeñería, suplantaron á precaria técnica galaica, impondo tellados de verdade, fronte ás vellas cobertas de colmo e ramaxe citadas.

Comprobamos que os nosos castros (poboados) atópanse romanizados pacificamente, como se ten verificado polo material arqueolóxico de tales asentamentos.

Aínda que os romanos agora en vivendas cadradas, utilizaban ao mesmo tempo a tella plana (tégula) e a curva (ímbrice, de enlace), a partir aproximadamente do século VII, se xeneraliza a fabricación e uso exclusivo da tella (cabaca) ímbrice, coñecida por “tella árabe, ou do país”.

A razón foi porque coa tella curva-ímbrice, se economizaba moito material, barro, arcilla (xunca) e tamén se facía máis cómodo e doado o seu transporte ata a cima dos edificios e os seus tellados.

A tégula (tella plana) seguiu fabricándose, pero para cubrir as tumbas das necrópoles da época. Realmente sería tamén pouco tempo a fabricación de tal tipo de tella.

En canto a tellas con data, a máis antiga que coñecemos é do século XIII e mostra o gravado dun xeroglífico e co texto: DEDICO ERA MCCLXXVII (ano 1239). Refírese á consagración da igrexa do Mosteiro de Oseira (Ourense)*.

A tella coa data máis antiga dos fondos do Museo Histórico-Etnográfico do noso concello do Rosal, coa “Sección A Telleira” é do século XVIII, co breve texto: “1º año 1707”. Séguelle outra do mesmo século: 1729.

A partires desa data de 1707, o Museo recolle unha vintena de tellas con gravados posteriores. E, por suposto, tamén o noso Museo mostra diferentes fragmentos de tella romana “tégulas con marca”, aínda que sen data.

Fragmento de tégula atopada no xacemento de El Conventón (Cantabria)

En canto a ladrillos das nosas telleiras (cabaqueiras), os exemplares destas pezas, en latín (later=lado) no verbo: tixolos, con gravados ou con marca, son contados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies